Sonia Megías

CArtel do obradoiro e concerto de Sonia Megías

10 e 11 de marzo (concerto martes ás 19:00).

É un auténtico privilexio poder contar con Sonia Megías os días 10 e 11 de Marzo. Compositora que se caracteriza por ter un xeito de crear moi particular, cunha visión curiosa e persoal da música, e que emana orixinalidade e frescura por todas partes. Non só imos poder escoitar en directo algunhas das súas obras máis emblemáticas, senón que o alumnado de GE e 1º-2º de GP terá a oportunidade de participar con ela nun Taller de “Experimentación Coral” , no que aprenderán a a interpretar algunhas “partituras raras” da compositora da súa man: partituras gráficas, partituras-sinais e partituras táctiles. O Taller terá lugar ambos días, e o martes 11 ás 19:00 h poderemos escoitar nun concerto en directo o resultado, ademáis dunha selección de obras interpretadas por profesorado do centro. Para completar a súa visita, a compositora exporá ao longo da súa estadía algunhas das súas creacións máis peculiares.

Tags:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *